@VP_Gallego on twitter.

Un blog impredecible, esporadico y bilingüe. @VP_Gallego on twitter.

martes, 9 de noviembre de 2010

Benvida universitaria

Bos días.
Tras unha longa temporada sen publicar, volto á acción para facer un resumo do que foi este primeiro mes de universidade.
Todos os libros que mencionei anteriormente no blog foron leidos, e de todos eles gardo un bo recordo, mais agora non dispoño de tempo suficiente para continuar as miñas lecturas.
Neste primeiro mes de adaptación universitaria, vénseme á cabeza varias cousas que estaría moi ben comentar, por exemplo, que a base que traía do instituto en física era máis que suficiente para o curso actual (sen comentar que se están aprendendo cousas novas) pero o que si que me gustaría haber tido mellor é unha base máis sólida e amplia en matemáticas, a ferramenta fundamental da que dispón un físico.

Gradientes, divergencias, rotores, integrais de linea e de superficie, combinatoria, e moitos máis termos matemáticos son empregados nas asignaturas de física, e gustariame haber tido máis contacto con eles anteriormente.
Pero en xeral, esta nova etapa da miña vida estame a resultar moi boa e gratificante, e opino con total seguridade, que esto era o que quería facer, sen lugar a dúbidas.
E bueno, xa deixando a un lado os tecnicismos, mencionar por exemplo que Gauss era un crack, e que os libros de Feynman, Lectures on physics, son os mellores que se poden empregar na carreira de física. Certo é que o curso non se asemella demasiado á orde que leva Feynman, certo é que nos seus libros non sae nnin un só exercicio, pero comenzar a leelos foi o mellor que puiden facer, pois estou a adquirir gran cantidade de conceptos fisicos, moi relevantes nun futuro próximo.

Mencionar tamén otra sorpresa que levei este curso. Os libros rusos da editorial URSS son moi recomendables para calqueira estudante, pois non custan moito e utilizan unha linguaxe clara e directa, sen irse polas ramas, e expresando o que queren decir de forma que o lector o entenda (cousa que non ocorre en todos os libros).
Por último, vou facer unha lista cos libros que máis estou a utilizar para esta carreira de física, sen descuidar os apuntes que tomo en clase:

- "Física" (3 volúmenes) de Richard Feynman.
- "Calculus" de Spivak.
- "Física" de Catalá (aproveito para agradecer ó meu profesor de física de 2º de bacharelato [creo que único lector deste blog...] que me regalara este libro, pois ainda que o temario está noutro orde, certas explicación esclarecéronme despois de ler este libro.
- "Electricidad y magnetismo" de Shepeliov (URSS).
- "Física para la ciencia y la tecnología" de Tipler.
- "Lecciones de matemática. Analisis" de V. Boss (URSS).
- "Introduction to linear algebra" de Strang.
- "Física" de Alonso y Finn.
Así como lecturas de apoio como libros de Lev Landau e outro xenios, que agora mesmo non recordo.
En definitiva, que estou moi contento con esta carreira e con todo o que estou a facer, sen dúbida, estudar física foi a mellor elección que puiden facer xamais.
E sen mais, un saúdo a todos.

jueves, 22 de julio de 2010

Lectura de xénero

Boas,
Tras unha curta viaxe a Madrid para certas actividades administrativas, retomo as publicacións que estaba a levar a cabo. Recentemente falei dun libro de Gamow, Biografía da física, do cal só teño boas palabras para el, pois é un libro que me gustou moito, do que aprendín novas cousas, e que resulta moi interesante para todos aqueles que lles guste a física.
Por outra banda, como estiven varios días de vacacións, pois tamén me deu tempo a ler o libro de Isaac Asimov, Grandes Ideas de la Ciencia, o cal me resultou bon, pro non tanto como as espectativas que tiña postas nel, pois ainda que fai referencia a moitos cientificos de toda a historia, non profundiza demasiado no que sería a idea deste, ademais de que ao meu parecer faltan uns cantos científicos dos que se debería falar un pouco máis como pode ser Fermi, Maxwell ou mesmo Einstein, do que só se menciona o efecto fotoeléctrico. É certo que non é un libro moi extenso e que non coñezo personalmente a Asimov como para coñecer as súas orientacións no campo da física, pero eu houbera engadido dous capítulos: Maxwell e a luz e Einstein e a relatividade, pero como nun é unha obra miña e carezco dos mesmos logros que Asimov, pois direi que é unha obra que non está mal para todas aquelas persoas con curiosidades científicas.
Por último, mencionar o último libro que empecei, este de John D. Barrow, titulado Teorías del todo, que de momento me está resultando moi atractivo, aínda que creo que vai a ser algo máis complexo que o de Asimov.
Sen máis, un saúdo

domingo, 4 de julio de 2010

Novos retos das matemáticas

A TEORÍA DO CAOS

Algúns fenómenos son tan complexos que resulta moi difícil abordalos mediante métodos matemáticos convencionales. ¿Como estudar a posición das partículas despois dunha explosión? ou ¿como abordar matemáticamente a predicción metereolóxica? Neste tipo de fenómenos interven un número de variables tan elevado, que a súa resolución mediante os tradicionais sistemas de ecuacións resulta imposible na práctica.

A teoría do caos intenta dar resposta a estes problemas e encontra aplicación no estudo dunha gran variedad de fenómenos caóticos ou de comportamento imprevisible. A súa ferramenta principal é a iteración. Esto consiste, a grandes rasgos, en partir dun valor imicial X0 que se substitúe na fórmula dunha función, obtendo outro valor x1. Este novo valor substitúese á súa vez na función, obtendo outra cantidad x2, e así sucesivamente.

Novos retos das matemáticas

A XEOMETRÍA FRACTAL


A xeometría tradicional non pode aplicarse a formas xeométricas moi irregulares, como a forma dunha costa. A xeometría fractal resulta moi útil nestes casos. Un fractal é unha figura xeométrica complexa que se pode obter por repetición dun motivo inicial sinxelo, podéndose aplicar en cada repetición unha transformación xeométrica, ben sexa de translación, un xiro, unha simetría, unha homotecia, etc.
Por exemplo as curvas fractales de Von Koch son unha boa aproximación do litoral dunha costa, aínda que de momento, esta parte das matemáticas (máis exactamente da xeometría) ten unha maior aplicación no mundo da arte.

sábado, 3 de julio de 2010

Novos retos das matemáticas

A LÓXICA BORROSA

A lóxica matemática tradicional baséase en proposicións que só poden ser evaluadas de dúas maneiras: como verdadeiras ou falsas. Por este motivo coñécese co nome de lóxica binaria. Este tipo de lóxica foi útil en programación de máquinas intelixentes baseadas en dous estados, coma os ordenadores dixitais. O cerebro humano, sen embargo, caracterízase porque pode traballar con proposicións nas que interveñen cuantificadores difusos, como "pouco", "moito", "bastante"... Así decimos que: "É probable que mañá chova" ou "Bastante tempo me levou isto". A lóxica borrosa intenta traballar con este tipo de proposicións. Matemáticamente, empréganse para isto as funcións definidas por trozos, que os alumnos de 2º de bacharelato coñecen ben.
Esta lóxica borrosa aplicase en intelixencia artificial, unha rama científica na que se intenta deseñar e programar máquinas capaces de imitar as capacidades humanas.

Lectura de xénero


Boas!
Recién rematado o curso, os estudantes temos bastante tempo libre, no que podemos dedicarnos á lectura ou a facer publicacións no blog, entre outras muitas actividades. Pois ben, eu parte deste tempo o emprego na lectura, e máis precisamente en libros de divulgación científica, que despertan a miña curiosidade nestes temas como a física, ós que me vou a dedicar uns cantos anos.
Pois ben, un dos últimos libros que leín (máis ben, que releín) foi Historia do tempo, de Stephen Hawking. Esta obra resultoume moi satisfactoria e interesante, recomendable para todas aquelas persoas que senten interese por temas científicos.
Hoxe en día, estou a comezar outra obra, esta de George Gamow, Biografía da física, que espero que me guste e da que poida aprender, ou repasar, algunhas ideas da física.
Sen máis, un saúdo.

miércoles, 5 de mayo de 2010

Unha duda paradóxica.


Estando na parte do temario de física relacionado coa luz, as ondas e a óptica, surxiume unha dúbida, agora que está tan de moda o de acelerar partículas, aquí expoño o problema que plantexei,e espero que alguén me poida dar unha solución razoable.
Partimos dun medio n=1, no que disparamos un fotón a unha velocidade c, cando este fotón chega ó segundo medio n=2, a súa velocidade redúcese á metade.
Entón, nese medio, aceleramos o fotón (ou partícula) ata que chega a unha velocidade c. Cando chega ó medio n=1 de novo, que ocorrerá?

miércoles, 24 de marzo de 2010

Feira de ciencia de Ribadeo


Os días 13, 14, 15, e 16 do mes de Abril dará comezo como todos os anos a feira de ciencia do IES Porta da Auga de Ribadeo. Creo que merece a pena pasar un rato na feira, vendo e aprendendo cousas moi curiosas que nin sequera se nos pasaría pola cabeza. Persoalmente eu vou a presentar dous proxectos, un do comportamento do ión níquel e do níquel metal en distintos medios; e o outro un proxecto sobre a teoría da relatividade de Einstein, dende a relatividade de Galileo ata as repercusións na actualidade. Isto irá acompañado de algunhas prácticas como a representación do espacio-tempo e o comportamento da luz cando pasa cerca de corpos con masa. En xeral, uns proxectos moi interesantes. Un saúdo.

miércoles, 10 de marzo de 2010

A física de Oliver e Benji


Quen non viu algunha vez un capítulo de Oliver e Benji. Pois estaba eu navegando por páxinas relacionadas coa física cando vin un artigo sobre as leis da física nesta seria xaponesa. A verdade e que é un artigo gracioso e curioso. Esta na páxina web: www.lawebdefisica.com na sección de humor. Moi peculiar.

Ribadeo

Cultura a feixe

Para todas aquelas persoas que lles guste ler, que lles guste contrastar información, ou simplemente visitar novas páxinas, existe unha páxina onde se poden atopar libros de ciencia moi interesantes, entre outros "Historia del tiempo" ou "Grandes ideas de la ciencia".
Esta páxina é www.librosmaravillosos.com ,en definitiva, unha páxina que ó meu entender merece a pena.

Plan de estudos

Estando en época de examenes, un comeza a preguntarse se o método de estudos que un leva é o correcto. No meu caso o método que levei ata agora non foi o máis idóneo, pois nos últimos días surxíronme certas complicacións en canto ós resultados académicos obtidos. Isto foi o desencadeante de que me cuestionara a miña forma de levar o curso, polo que comecei a informarme sobre novos métodos de estudo. Grazas a un amigo, que por certo non lle vai nada mal, coñecín o método de estudos "Learn more, study less" de Scott H Young, e non esta nada mal.
Recoméndolles a todas aquelas personas que duden da súa maneira de estudar a que lle boten un ollo, polo menos ó resume deste método, que por informarse nada se perde.

martes, 9 de marzo de 2010

Presentación

Bos días,
Comezo nesta aventura dos blogs, non sen antes mencionar que me vai ser dificil manter un alto ritmo de entradas novas, mais intentarei realizar un blog ameno e dinámico, relacionado con asuntos académicos así coma asuntos de actualidade.
Sen máis, un saúdo.