@VP_Gallego on twitter.

Un blog impredecible, esporadico y bilingüe. @VP_Gallego on twitter.

domingo, 4 de julio de 2010

Novos retos das matemáticas

A XEOMETRÍA FRACTAL


A xeometría tradicional non pode aplicarse a formas xeométricas moi irregulares, como a forma dunha costa. A xeometría fractal resulta moi útil nestes casos. Un fractal é unha figura xeométrica complexa que se pode obter por repetición dun motivo inicial sinxelo, podéndose aplicar en cada repetición unha transformación xeométrica, ben sexa de translación, un xiro, unha simetría, unha homotecia, etc.
Por exemplo as curvas fractales de Von Koch son unha boa aproximación do litoral dunha costa, aínda que de momento, esta parte das matemáticas (máis exactamente da xeometría) ten unha maior aplicación no mundo da arte.

1 comentario:

  1. Coido que unha cousa é que 'vexa' a fractalidade en moito arte e outra que se aplique nel.

    ResponderEliminar