@VP_Gallego on twitter.

Un blog impredecible, esporadico y bilingüe. @VP_Gallego on twitter.

sábado, 3 de julio de 2010

Lectura de xénero


Boas!
Recién rematado o curso, os estudantes temos bastante tempo libre, no que podemos dedicarnos á lectura ou a facer publicacións no blog, entre outras muitas actividades. Pois ben, eu parte deste tempo o emprego na lectura, e máis precisamente en libros de divulgación científica, que despertan a miña curiosidade nestes temas como a física, ós que me vou a dedicar uns cantos anos.
Pois ben, un dos últimos libros que leín (máis ben, que releín) foi Historia do tempo, de Stephen Hawking. Esta obra resultoume moi satisfactoria e interesante, recomendable para todas aquelas persoas que senten interese por temas científicos.
Hoxe en día, estou a comezar outra obra, esta de George Gamow, Biografía da física, que espero que me guste e da que poida aprender, ou repasar, algunhas ideas da física.
Sen máis, un saúdo.

2 comentarios:

  1. Coido que é un bo libro, pero xa algo vello e moito en plan texto.

    ResponderEliminar
  2. Non está mal o que levo leido, pero a verdade é que hai libros que se leen máis facilmente xa que en moitos casos utiliza o vocabulario da época do descubrimento con algún fragmento, e daquela utilizaban unha linguaxe moi espesa, pero de momento estame a gustar moito. XD

    ResponderEliminar