@VP_Gallego on twitter.

Un blog impredecible, esporadico y bilingüe. @VP_Gallego on twitter.

domingo, 9 de enero de 2011

Bibliografía

Bos días.
Nesta entrada farei referencia á entrada anterior, na que expoño algún dos libros que empregaba de apoio na carreira de física.
Malia que non son malos libros, ultimamente variei un pouco os libros que emprego na actualidade.
Aínda que sigo a recomendar os de Feynman para coñecementos teóricos, tamén teño que mencionar novos libros, como pode ser, na mesma liña, Tips on Physics de Feynman, onde se recollen os exercicios prácticos que facía nas clases.
No ámbito das matemáticas, estou a utilizar o libro de Golovina para a álxebra lineal e o Cálculus de Apostol para analise matemático. Tamén utilicei un libro de bacharelato para repasar certas cousas, este libro é o de Tebar e Flores de exercicios de selectividade.

Para a asignatura de electromagnetismo, emprego un libro que me parece moi bo de Wangsness de Campos electromagnéticos. Con explicacións moi claras e rigor matemático que facilita a relación entre física e matemáticas. Así e todo, debido ó enfoque que lle dan os meus profesores ó curso, sego a utilizar o Alonso Finn, aínda que o vexo máis como enciclopedia que como libro de texto, pois deixa moitos cabos soltos.
Para rematar, mencionar as ganas que teño de ler certos libros cando teña tempo libre, ademáis dos de divulgación, como poden ser o de Lectures on physics, ou o curso de física xeral de Landau, que coido poidan ser de moito interese.