@VP_Gallego on twitter.

Un blog impredecible, esporadico y bilingüe. @VP_Gallego on twitter.

jueves, 22 de julio de 2010

Lectura de xénero

Boas,
Tras unha curta viaxe a Madrid para certas actividades administrativas, retomo as publicacións que estaba a levar a cabo. Recentemente falei dun libro de Gamow, Biografía da física, do cal só teño boas palabras para el, pois é un libro que me gustou moito, do que aprendín novas cousas, e que resulta moi interesante para todos aqueles que lles guste a física.
Por outra banda, como estiven varios días de vacacións, pois tamén me deu tempo a ler o libro de Isaac Asimov, Grandes Ideas de la Ciencia, o cal me resultou bon, pro non tanto como as espectativas que tiña postas nel, pois ainda que fai referencia a moitos cientificos de toda a historia, non profundiza demasiado no que sería a idea deste, ademais de que ao meu parecer faltan uns cantos científicos dos que se debería falar un pouco máis como pode ser Fermi, Maxwell ou mesmo Einstein, do que só se menciona o efecto fotoeléctrico. É certo que non é un libro moi extenso e que non coñezo personalmente a Asimov como para coñecer as súas orientacións no campo da física, pero eu houbera engadido dous capítulos: Maxwell e a luz e Einstein e a relatividade, pero como nun é unha obra miña e carezco dos mesmos logros que Asimov, pois direi que é unha obra que non está mal para todas aquelas persoas con curiosidades científicas.
Por último, mencionar o último libro que empecei, este de John D. Barrow, titulado Teorías del todo, que de momento me está resultando moi atractivo, aínda que creo que vai a ser algo máis complexo que o de Asimov.
Sen máis, un saúdo

domingo, 4 de julio de 2010

Novos retos das matemáticas

A TEORÍA DO CAOS

Algúns fenómenos son tan complexos que resulta moi difícil abordalos mediante métodos matemáticos convencionales. ¿Como estudar a posición das partículas despois dunha explosión? ou ¿como abordar matemáticamente a predicción metereolóxica? Neste tipo de fenómenos interven un número de variables tan elevado, que a súa resolución mediante os tradicionais sistemas de ecuacións resulta imposible na práctica.

A teoría do caos intenta dar resposta a estes problemas e encontra aplicación no estudo dunha gran variedad de fenómenos caóticos ou de comportamento imprevisible. A súa ferramenta principal é a iteración. Esto consiste, a grandes rasgos, en partir dun valor imicial X0 que se substitúe na fórmula dunha función, obtendo outro valor x1. Este novo valor substitúese á súa vez na función, obtendo outra cantidad x2, e así sucesivamente.

Novos retos das matemáticas

A XEOMETRÍA FRACTAL


A xeometría tradicional non pode aplicarse a formas xeométricas moi irregulares, como a forma dunha costa. A xeometría fractal resulta moi útil nestes casos. Un fractal é unha figura xeométrica complexa que se pode obter por repetición dun motivo inicial sinxelo, podéndose aplicar en cada repetición unha transformación xeométrica, ben sexa de translación, un xiro, unha simetría, unha homotecia, etc.
Por exemplo as curvas fractales de Von Koch son unha boa aproximación do litoral dunha costa, aínda que de momento, esta parte das matemáticas (máis exactamente da xeometría) ten unha maior aplicación no mundo da arte.

sábado, 3 de julio de 2010

Novos retos das matemáticas

A LÓXICA BORROSA

A lóxica matemática tradicional baséase en proposicións que só poden ser evaluadas de dúas maneiras: como verdadeiras ou falsas. Por este motivo coñécese co nome de lóxica binaria. Este tipo de lóxica foi útil en programación de máquinas intelixentes baseadas en dous estados, coma os ordenadores dixitais. O cerebro humano, sen embargo, caracterízase porque pode traballar con proposicións nas que interveñen cuantificadores difusos, como "pouco", "moito", "bastante"... Así decimos que: "É probable que mañá chova" ou "Bastante tempo me levou isto". A lóxica borrosa intenta traballar con este tipo de proposicións. Matemáticamente, empréganse para isto as funcións definidas por trozos, que os alumnos de 2º de bacharelato coñecen ben.
Esta lóxica borrosa aplicase en intelixencia artificial, unha rama científica na que se intenta deseñar e programar máquinas capaces de imitar as capacidades humanas.

Lectura de xénero


Boas!
Recién rematado o curso, os estudantes temos bastante tempo libre, no que podemos dedicarnos á lectura ou a facer publicacións no blog, entre outras muitas actividades. Pois ben, eu parte deste tempo o emprego na lectura, e máis precisamente en libros de divulgación científica, que despertan a miña curiosidade nestes temas como a física, ós que me vou a dedicar uns cantos anos.
Pois ben, un dos últimos libros que leín (máis ben, que releín) foi Historia do tempo, de Stephen Hawking. Esta obra resultoume moi satisfactoria e interesante, recomendable para todas aquelas persoas que senten interese por temas científicos.
Hoxe en día, estou a comezar outra obra, esta de George Gamow, Biografía da física, que espero que me guste e da que poida aprender, ou repasar, algunhas ideas da física.
Sen máis, un saúdo.