@VP_Gallego on twitter.

Un blog impredecible, esporadico y bilingüe. @VP_Gallego on twitter.

sábado, 3 de julio de 2010

Novos retos das matemáticas

A LÓXICA BORROSA

A lóxica matemática tradicional baséase en proposicións que só poden ser evaluadas de dúas maneiras: como verdadeiras ou falsas. Por este motivo coñécese co nome de lóxica binaria. Este tipo de lóxica foi útil en programación de máquinas intelixentes baseadas en dous estados, coma os ordenadores dixitais. O cerebro humano, sen embargo, caracterízase porque pode traballar con proposicións nas que interveñen cuantificadores difusos, como "pouco", "moito", "bastante"... Así decimos que: "É probable que mañá chova" ou "Bastante tempo me levou isto". A lóxica borrosa intenta traballar con este tipo de proposicións. Matemáticamente, empréganse para isto as funcións definidas por trozos, que os alumnos de 2º de bacharelato coñecen ben.
Esta lóxica borrosa aplicase en intelixencia artificial, unha rama científica na que se intenta deseñar e programar máquinas capaces de imitar as capacidades humanas.

2 comentarios:

  1. OK. Como implementarías a lóxica borrosa nun sistema. Por que?

    ResponderEliminar
  2. É preciso aplicala nos razoamentos da IA porque o mundo no que nos movemos está cheo de imperfeccións e imprecisións que é necesario aplicar nos robots si queremos que poidan valerse por si mesmos, e aplicando as funcións non lineais (por partes) podemos incluir matemáticamente estas "imperfeccións".

    ResponderEliminar